Posiblemente coñezas rei zentolo polas súas orixinais e divertidas camisetas e complementos, pero deberías saber que dende que en 2003 tres mozos galegos decidiron crear unha primeira liña de camisetas mesturando a cultura popular de galicia coa estética do pop art anglosaxón moitas cousas pasaron.
En primeiro lugar, que as camisetas véndense agora nas súas 10 tendas, en internet e en multitude de tendas multimarca de toda a xeografía española; e en segundo lugar, que todo isto é so unha pequena parte de todos os deseños que lles encargan para que adapten ese mundo persoal e orixinal das súas divertidas camisetas, tanto deseñando para grupos de estudantes ou grandes empresas como licenciando as súas creacións adaptándoas a novos soportes.
¿Que se fan algunha cousa máis? ¿qué che gustaría que fixéramos? cóntanolo.








