Adicámonos a facer o que nos gusta, pero ardua e dura é a tarefa de explicar a qué nos adicamos xa que nin nos mesmos en algúns momentos o sabemos, xa que os nosos deseños se plasman nas orixinais camisetas que atoparás na tenda on-line e nos puntos de venta, pero tamén nos complementos e en todos aqueles soportes que se che poidan ocorrer. De feito, se tes algunha idea ou proposta para aplicar os nosos deseños, non o dubides e ponte en contacto connosco a través de toxo studio.
Os deseños de Rei Zentolo comezaron a súa andaina no 2003 con unhas cantas camisetas e, dende ahí ata o día de hoxe, deseñando, creando e plasmando os divertidos debuxos e experiencias mesturados coa cultura popular co obxectivo de provocar un pensamento e un sorriso e pasar un bo momento con todos vos.
Se sodes ocorrentes e tendes algún deseño non perdades a oportunidade de enviárnolo e, quizais, pasar a formar parte da familia de Rei Zentolo.









