dibujo

A creatividade non é cuestión de medios ...


  O sorriso é contaxioso, pásao


salva


DESEÑOS

dibujo

... é cuestión de plantexamentos


Dádeme un papel e un boli e moverei o mundo!  


pablo


TRABALLOS

FILOSOFÍA ZENTOLA


A historia comeza en 2003 cando tres universitarios galegos recién licenciados crean unha primeira liña de camisetas con deseños que mesturan a cultura popular de Galicia coa estética pop anglosaxona, todo iso baixo o punto de vista da retranca.

Debes saber que ao principio ninguén vía viable a súa proposta, polo que comezaron a vender eles mesmos por feiras, festas e festivais ata chegar a montar a súa primeira tenda en Pontevedra, animados pola acollida da xente. Pasada máis dunha década, estes produtos véndense en 9 tendas reizentolo en Galicia, decenas de córneres exclusivos da marca, centos de tendas multimarca por toda España e como podes ver, tamén online.

 
 

QUEN FORMA PARTE DO UNIVERSO ZENTOLO!

Hoxe día estes creadores -xa non tan novos- seguen desenvolvendo xunto a un selecto grupo de xente o persoal universo reizentolo. Salva, Betti, Aarón e Pablo forman o núcleo duro do Equipo Zentolo, aínda que ao seu redor orbitan sistemas, planetas, e algún buraco negro ...


Zentolo Pawer!

CONTÁCTANOS

Usamos cookies

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar este sitio aceptas el uso que hacemos de las mismas. Más información en nuestra política de cookies.