Zona Prensa & Medios

reizentolo around the world


Castelao "Mannequin Challenge"

Vale. É insuperable. O "mannequin challenge" que se marcaron os protagonistas da Gala Castelao no Museo puxeron o listón tan alto que ninguén en Pontevedra será capaz de igualalo. Atentos aos protagonistas: o actor Carlos Blanco; o debuxante Luís Davila; a actriz Bea Campos; o director de Limiar Teatro, Fran Nuñez; a intérprete de 2naFronteira, Carmen Penim; o deseñador Pablo "Zentolo"; o realizador Miguel López, e (redobre de tambor) o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal. Ollo. Todos quedos, no medio da sala Castelao do Museo.

(Diario de Pontevedra, 16/12/2016)

reizentolo reforza o seu catálogo mercando Caramuxo

Foron, ao longo do tempo, as dúas referencias centráis do deseño galego de camisetas, regalos e complementos. O espírito da retranca actualizado en chave pop e cun pulso entre as dúas marcas textís que, dende fai uns meses, son unha. A incorporación do traballo da firma arousana Caramuxo aos seus propios catálogos reforza a posición de reizentolo no momento máis idóneo, cando a compañía galaica está a pique de dar o pistoletazo de saída ao seu segundo proceso de expansión en España tralo revés que a crise lle propinou no seu primeiro intento.

(La Voz de Galicia, 29/11/2016)

O Ano Castelao despedirase cunha gala espectacular

Con decembro chegará tamén a recta final dun ano que tivo a Castelao como absoluto protagonista no ámbito cultural. A Diputación e o Concello de Pontevedra presentaron o acto que porá fin a un ciclo anual que logrou rememorar todas e cada unha das accións que o ilustre artista galego realizou ao longo da súa vida.

(La Voz de Galicia, 25/11/2016)

A volta ao mundo do 'niki' galego

Se se busca un símbolo da identidade galega que cobrou forza nos últimos 20 anos, atopámolo nas camisetas. Esas prendas de roupa seriadas que serven para estar á moda ou romper con ela, para formar parte dunha tribo ou apartarse, deron un novo significado ao "ser galego". Primeiro, foron os lemas políticos galeguistas ou independentistas, despóis botouse a man do refraneiro o saber popular para, finalmente, crear un universo con marca de país onde varias firmas venden a países de Europa ou América. Trala crise castigadora, o sector levanta a cabeza.

(Faro de Vigo, 22/05/2016)

O Básquet Coruña e Mahou presentan o seu acordo de patrocinio

O Club Básquet Coruña e Mahou presentaron esta mañan o acordo polo que a firma cervexeira convértese en patrocinador do primeiro equipo, poucas horas antes de que os laranxas viaxen a Huesca para disputar o venres o seu primeiro partido da temporada LEB Oro 2016-17 que comeza esta semana a nivel nacional. A colaboración de Mahou enmárcase, según os seus responsables, na súa aposta por estar sempre preto do deporte e dos seus aficionados.

(Federación Española de Baloncesto, 28/09/2016)

SAD Compostela e reizentolo

A tenda reizentolo de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar) foi o lugar escollido para a presentación do acordo entre reizentolo e o Compostela en virtude do cal o clube pasa a ter, por vez primeira na súa historia, unha tenda adicada á venta do seu merchandising. O presidente, Antonio Quinteiro, agradeceu as facilidades atopadas para poñer en marcha esta iniciativa. Pablo Rodríguez (socio fundador de reizentolo) abogou por unha longa relación entre as dúas partes, pois o fútbol é un vehículo xenial para a creatividade no mundo do deseño.

(La Voz de Galicia, 05/10/2016)

Jordi Évole e reizentolo

Jordi Évole, o "follonero", da colleita do 75, avó alcalde republicano, pai periodista e nai extremeña. Desexou ser futbolista pero era moi malo. Retransmitiu partidos de fútbol rexional dende o teléfono dun bar. Comezou como guionista de Buenafuente e rematou como a súa principal estrela. Das entrevistas, quedouse prendado de José Antonio Labordeta e "sentiu noxo" de Laporta. Cree que é mellor pedir perdón que pedir permiso e considera "aparvados" aos que acumulan diñeiro e cousas. Hoxe é un líder mediático e un periodista con gran credibilidade.

Estamos no 2015 en Wall Street, New York, e Jordi Évole loce camiseta de reizentolo para contextualizar a súa reportaxe.

Soy de Vigho y no lo niegho

O lema I love Vigo escrito sobre un hórreo xa non pega. O suvenir vigués non só foi case inexistente senón que o pouco que había foise quedando vello. As tendas de A Pedra e da rúa Carral suplían con material do pleistoceno a escaseza. Pero no último ano chegou de sócate un sopro de aire fresco con novas propostas que gustan aos visitantes e o que é máis difícil, tamén aos vigueses. Os pioneiros foron no seu día os deseñadores do Rei Zentolo incorporando na actualidade motivos referentes á urbe, con tazas e camisetas co lema Soy de Vigho y no lo niegho ou Ría de Vigo Pirate Bay, entre outros. (La Voz de Galicia, 18/09/2016)

Reizentolo se "viguesiza"

Rei Zentolo, a empresa que foi capaz de converter en camisetas a retranca galega, se viguesiza. Os seus creadores, Salvador Vázquez e Pablo Rodríguez, explican que non podían seguir deseñando nunha localidade, fabricando noutra e realizando as tarefas administrativas nunha terceira. Coa vista posta en dar o salto ao mercado europeo -«queremos empezar polos Países Baixos e Alemaña», din- elixiron Vigo para xuntar todos os procesos nunha mesma planta. (La Voz de Galicia, 19/08/2016)

"Festival SonRias Baixas, o festival do verán"

SonRias Baixas comezou a súa su andadura o pasado xoves na rolda de prensa na que estiveron presentes a organización "Troula na Banda" e as distintas institucións colaboradoras e onde xurdiu a oportunidade de coñecer os detalles desta edición que volve a Bueu tras dous anos de ausencia. Cun cartel de luxo e un amplo e variado programa, o que chamou a atención foi o orixinal cartel elaborado por Rei Zentolo, o cal encárgase de toda a parte gráfica e de deseño. Salvador Vázquez encargouse de explicar os detalles da creación artística, que protagoniza unha xoven festivaleira cunha cazadora de coiro na espalda da cal podíanse ver os nomes dos grupos participantes. (Faro de Vigo, 29/07/2016)

"Se aínda somos galeg*s é por obra e gracia do idioma"

"Na fala galega vive a ialma da nosa terra". Slogans escollidos para o proxecto de arte urbano e da defensa da nosa lingua posto en marcha pola Deputación de Pontevedra, co que nos sentimos orgullosos de colaborar, e co que nos sentimos identificados.

O baño máis fotografado de Galicia

Eso din dos baños da Taberna Zentola de Pontevedra no suplemento YES de LaVozdeGalicia. Dentro dunha reportaxe sobre baños senlleiros en locais de hostalería, o deseñado polo reizentolo pasa por ser o máis divertido, xa que a todo o mundo chama a atención o atopalo cheo de pintadas e mensaxes, o que pode provocar cola nas portas, pero tamén unhas risotadas cando estás dentro.

reizentolo en LA MITAD INVISIBLE -la2-

Dentro do programa adicado ao poema Negra Sombra de Rosalía, tivemos a sorte de recibir a Juan Carlos Ortega na nosa tenda reizentolo de Santiago. O noso amigo andaba na procura da imaxe que se ten hoxe en día da escritora, que non é outra que a que popularizamos coa nosa camisola Rosalin.

Manolo de Xaniño, "veleno viral"

A nosa primeira entrega de Filósofos Populares do S.XXI, o sinceiro "Carpe Diem" de Manolo de Xaniño convertiuse en viral en redes e medios de comunicación, alcanzando más de 200.000 impactos só no facebook o primeiro día, e sendo recollido por medios de comunicación coma la Voz de Galicia, Diario de Pontevedra (na imaxe), a TVG, El País... sempre atentos á evolución do pensamento contemporáneo do país.

reizentolo en ZOOM TENDENCIAS -TVE-

Dentro do programa adicado ao novo aire da cidade de Pontevedra, no magazine Zoom Tendencias entrevistan a salva e pablo zentolo na tenda do casco vello, falando de servilletas de bar e camisolas. Graciñas por contar connosco!

reizentolo refórzase para retomar a súa expansión en España

Son capaces de converter unha das latas Campbell de Warhol nun bote de grelos, ou de transformar á melancólica poetisa Rosalía nunha diva do Pop Art. A creatividade de reizentolo, empresa textil e de regalos fundada no ano 2004 en Pontevedra, segue intacta e coas ganas de levar a retranca galega ao gran mercado. E este será o seu segundo intento. A firma chegou a ter tendas en Madrid, Barcelona, Bilbao ou Ibiza. Pero tras o repregamento obrigado pola crise, a sociedade acaba de facer unha ampliación de capital preto dos 10.000 euros para crecer fora de Galicia.

(La Voz de Galicia, 31/03/2016)


Kit Zentolo

Necesitas referenciarnos dalgunha forma? Aquí deixámosche info da marca, logos e algunha fotografía que poidas usar. Porque nos caes ben.

DESCARGAR KIT

Usamos cookies

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar este sitio aceptas el uso que hacemos de las mismas. Más información en nuestra política de cookies.