Sí,

O universo zentolo está
en constante expansión!

Se che gusta a creatividade, es imaxinativo e tes cousas para ensinarnos que poden encaixar no noso universo non o dubides, contacta connosco.

Pode ser un deseño para camiseta ou a idea de promocionar as festas do teu pobo. Comparte connosco iso que tes apuntado nunha servilleta, e poida que desenvolvámolo xuntos.

En reizentolo somos legais, asegurámosche que nunca imos sacar proveito das túas ideas sen o teu consentimento.


ENVÍA A TÚA ZENTOLADA

 

OBRADOIROS DE CAMISETAS ANO CASTELAO reizentolo + Polo Correo do Vento NOVO

reizentolo e Polo Correo do Vento, preparamos estas actividades de Contos Debuxados e Obradoiros de Deseño de Camisolas para o Ano Castelao 2016, e a Deputación de Pontevedra dispuxo os medios para que as leváramos a cabo nos diferentes Concellos que se adheriron ao proxecto. Podes saber máis aquí.

Reparar nos pasos de peóns

Co gallo dos aniversarios este ano do centenario das Irmandades de Fala e a celebración do Ano Castelao, propuxémonos levar a súa obra á rúa, coa idea de chamar a atención sobre estas conmemoracións dun xeito inusual. Podes saber máis aquí.

ESPÍRITOS DO XANTAR

Proxecto que aúna Artes Gráficas e Culinarias. A partir de produtos do país coma a cebola, a tinta de calamar, o Licor Café ou o viño de Barrantes o cociñeiro PEPE ViEIRA fixo alquimia nos fogóns para extraer destes alimentos os pigmentos cos que a Cociña Gráfica do Colegio Hogar de Vigo elaborou unhas tintas aptas para serigrafiar a serie de láminas deseñadas por reizentolo. Podes saber máis aquí.

Proxecto 100Thanks

Que pensarías se che falaran dun proxecto que busca chamar á acción as persoas a nivel local para provocar un cambio global, a base de dar agradecementos? A nós pareceunos algo manífico, e tirámonos de cabeza a participar e propagar a mensaxe. Podes saber máis aquí.

Usamos cookies

Las cookies nos permiten ofrecer nuestros servicios. Al utilizar este sitio aceptas el uso que hacemos de las mismas. Más información en nuestra política de cookies.