1. Tes que estar rexistrado
Para poder mercar na nosa tenda precisas estar rexistrado, e dispoñer dun usuario e contrasinal. Se non estás rexistrado podes facelo aquí.
Nós temos un compromiso real coa protección de datos persoais. Só usaremos os teus datos para os servicios que te prestamos. Rei Zentolo asegurache a confidencialidade dos datos aportados e garante que, en ningún caso, serán cedidos para ningún outro uso sen mediar o teu consetimento previo e expreso. Tamén che garantimos que en calqueira momento podes exercer os dereitos de cancelación, acceso, rectificación, cancelación que establece a ley de protección de Datos.
2. Os teus datos personais están seguros
Conforme a Ley Orgánica 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDP), informamoste que mediante a cumplimentación dos formularios, os teus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros automatizados de Rei Zentolo s.l.
A principal finalidade de este ficheiro é a de manter a relación contractual cos nosos clientes, facilitar a tramitación dos pedidos, así como o envío de información relativa a os produtos e servicios comercializados.
Tan só te pedimos aqueles datos necesarios para a presentación do servicio requerido e únicamente serán empleados para este fin. Ademáis, se xa non nos queres, en todo momento tes dereito a acceder, cancelar ou rectificalos en:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
3. O noso catalogo on line
Para realizar unha compra debes acceder ao apartado tenda on line no que che sairán as categorías ou familias que configuran a nosa oferta on line: camisetas, complementos, bebé...etc.
Accede á familia mediante o menú esquerdo, ou mediante as iconas, e sairache un listado de produtos. Elixe o que che interese, e comproba a talla e cor. Non te olvides de comprobar as medidas da túa talla.
Unha vez elexidos todos os produtos que desexes preme sobre o botón comprar. Mentres manteñas a sesión aberta os produtos gardaranse no Carrito da Compra (dispoñible na parte superior dereita da páxina web).
4. Prezos
Non vas pagar máis por mercar on line: tes a garantía de que os prezos da tenda on line e as tendas habituais de Rei Zentolo son os mesmos, e na nosa web atoparás ofertas de produtos que só son web. Se eres usuario rexistrado, ademáis, terás outras ventaxas. Xa verás...
5. Forma de pagamento
Escolle o método de pagamento que prefiras. Dispoñemos dos seguintes medios de pago: Visa, Mastercard e Paypal. Todas elas están securizadas e solicitan autorización a o teu banco ou a Paypal. Tamén podes usar o contra reembolso e pagar á recepción do pedido aínda que é un pouco máis caro.
Completa os teus datos personais para que podamos proceder ao envío dos produtos e pulsa CONTINUAR.
Se elexiches a forma de pago contra reembolso o teu pedido estará realizado a falta de confirmación de pago. Se a forma de pago elexida é a de tarxeta de crédito enviarase a calqueira das nosas Pasarelas de Pago.
Se tes algunha dubida consulta a nosa páxina de medios de pago.
6. Envíos
Se elexiches a forma de pago contra reembolso o teu pedido estará realizado a falla da confirmación de pago. Se a forma de pago elexida é a de tarxeta de crédito ou paypal enviarase á nosa Pasarela de Pago, e trala autorización procédese ao envío de forma automática.
Todos os envíos á península realizaranse por empresa de transporte urxente, en un plazo máximo de 48-72 horas terás o teu pedido. Temos unha tarifa plana de transporte para península (7€), é decir, pidas as camisetas que pidas os costes do envío serán os mesmos. Se ao realizar o teu pedido elexiches como forma de pagamento contra reembolso os gastos de envío veranse incrementados en 2,50 euros por xestión de cobro. Para envíos a outras zonas consulta a nosa páxina de envíos.
7. Pedidos
Recorda que en cualqueira momento podes cancelar o teu pedido e dende a cesta da compra poderás eliminar os artículos que non desexes sempre que non tramitaras xa o pedido.
Unha vez o teu pedido está feito recibirás un correo de confirmación. Se non o recibes ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente en
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
.
8. Devolucións
Podes devolver o teu pedido no prazo de 60 días dende a recepción do envío (sempre que non esté usado, modificado e se atope en boas condicións). Envíanolo de volta co albarán de entrega indicándonos por qué producto desexas cambialo a seguinte dirección:
Rei zentolo s.l. C/ Profesor Filgueira Valverde 2 baixo. 36004 Pontevedra.
Os custos do envío xerados pola devolución correrán da túa conta salvo que o produto esté deteriorado. Nese caso correríamos nós con todos os custes da devolución.
Iso sí, lembra que santa Rita Rita, o que se dá non se quita, polo que poderás trocar os produtos tantas veces coma queiras, pero non devolvemos o diñeiro.





