noticias

“10 anos de agroglamour”, lema da camiseta oficial do décimo aniversario do Festival de Cans


SANTIAGO, 2 DE MAIO 2013.- O Festival de Cans e Rei Zentolo presentaron esta mañá na
tenda compostelá da empresa de deseño a camiseta oficial do décimo aniversario do
festival, que ten por lema “10 anos de agroglamour”. Este deseño é resultado dun
acordo de colaboración máis amplo entre as dúas entidades, que inclúe o deseño da
cartelería e o deseño e comercialización do merchandising do festival. Na
presentación participaron Pablo Rodríguez, deseñador do Rei Zentolo, Alfonso Pato,
director do Festival e os actores Ricardo de Barreiro e Federico Pérez, que fixeron de
modelos para a ocasión.
Este acordo supón conseguir para Cans unha visibilización da súa imaxe ao longo de
todo ano, manter puntos de venda estables para o seu merchandising espallados por
toda Galicia e a aproveitar a experiencia do Rei Zentolo no deseño e comercialización
de camisetas.
Ademais, o festival e o Rei Zentolo teñen varios puntos en común que fan desta unión
a alianza perfecta para darlle forma á imaxe do festival. Como sinalou o director do
festival, Alfonso Pato, “a razón principal para facer esta colaboración é a relación de
afinidade que existe entre ambos, tanto polo público que comparten e a filosofía dos
dous, como porque este ano festexamos ambos o noso décimo aniversario”. O festival
e a empresa de deseño comparten un perfil e obxectivos semenllantes, que buscan
mesturar a cultura popular coa cultura máis vangardista, mantendo sentido do humor
e rigorosidade ao mesmo tempo. Pola súa parte, o deseñador Pablo Rodríguez,
sinalou que “este acordo xurdiu pola admiración que sentimos polo festival e a
filosofía que compartimos, pois os dous traballamos en Galicia, ao redor do galego e a
idiosincrasia do rural”. Engadiu que “é todo un mérito que nos tempos que corren o
festival chegase aos dez anos, o que ben merece todo apoio”.
Primeiro test de Encallados
Aproveitando a presenza dos actores Ricardo de Barreiro e Federico Pérez o director
do festival, Alfonso Pato, avanzou a presenza no programa deste ano un pase especial
do filme Encallados, producido por Zircozine, dirixido por Alfonso Zarauza e
protagonizado por estes dous actores xunto a Xulio Abonjo e Farruco Castromán. Será
un primeiro test da versión inicial da película, para amosala e sometela á avaliación
do público antes de cofeccionar a montaxe definitiva. Para o actor Federico Pérez “é
unha boa noticia que Cans abra este espazo para amosar o noso traballo ao público. É
unha proba de carga, como cando abres un bar e o primeiro que fas é amosarllo aos
amigos para que che dean a súa opinión”. Pérez recibe ademais este ano o Chimpín de
Prata xunto co resto do equipo da serie “Era visto!”, e quixo agradecer á organización
este recoñecemento.
Pola súa parte, Ricardo de Barreiro, definiu o festival de Cans como “a mellor romaría
das imaxes e das sensacións que hai en Galicia, porque non é só un encontro do
audiovisual, senón tamén de todo o sector cultural e de contacto directo co público”, o
que o fai un lugar ideal para preestrear un filme. Así mesmo, agradeceulle á
organización non tirar a toalla en tempos tan difíciles.
Encallados céntrase no revés financeiro da industria cinematográfica e nun sistema
de axudas públicas pouco operativo para contar como un director de cine ten que
reinventar o guión do seu filme en dúas semanas. Entre el e dous recoñecidos
guionistas galegos mergúllanse nun proceso creativo que non parece ir a bo porto. No
proceso de escritura teñen que lidar coa presión do produtor, as dificultades de
escribir sen caer en tópicos e o complicado equilibrio entre a creatividade e as
posibilidades reais de produción, ata que se decatan de que o propio proceso creativo
que están a vivir ten entidade propia como historia.
10 anos de agroglamour
Para a camiseta desta edición escolleuse o lema “10 anos de agroglamour”, porque é
un termo que acompañou ao festival dende a súa primeira edición, cando o xornalista
Álvaro Penas o empregou nunha crónica sobre o festival. Esta palabra resume a
esencia de Cans, pois suma agro e glamour, dous conceptos que parecían
irreconciliables, pero que tomaron unha forma conxunta nas alfombras vermellas
estendidas polos camiños, nas estrelas de cine subidas en chimpín en vez de limusina,
nas proxeccións nos cubertos, no Can de Pedra, no contacto entre os veciños e os
famosos ou na imaxe das xentes do audiovisual chantando as súas poutas no noso
Torreiro das Estrelas.
Para este décimo aniversario, como vén sendo habitual, deseñouse tamén un segundo
modelo de camiseta de edición limitada. Baséase no Jaliñeiro Unplugged, un dos
espazos emblemáticos de programación do festival, no que tiveron lugar algúns dos
momentos máis sonados das últimas edicións, como o concerto improvisado de
Coque Malla e Iván Ferreiro.
Acordo de colaboración
O acordo subscrito polo Festival de Cans e Rei Zentolo inclúe o deseño, a fabricación e
comercialización do merchandising do festival. É por iso que os dous modelos de
camiseta deseñados para este ano se venderán en todos os puntos de venda oficiais e
franquías do Rei Zentolo (incluíndo a tenda online) desde hoxe ata o 1 de febreiro de
2014, cun prezo de venda ao público de 12€.
Rei Zentolo encargouse tamén da reedición “vintage” de dous modelos de camiseta de
anteriores edicións que acadaron grande éxito, as que levaban por lema “Yes We
Cans” e “Agroglamour”. Estes dous modelos comercilizaranse exclusivamente no
propio festival.
Ademais, o Rei Zentolo elaborou un deseño orixinal para o cartel xeral do festival e
outro para o cartel musical, así como varios modelos de chapas, dándolle unha
coherencia ao conxunto da imaxe da décima edición do evento. Este deseño partiu das
características que identifican o festival (rural, audiovisual, diversión, popular,
agroglamour, etc.), tivo en conta que se trata do décimo aniversario, incluíu o
imagotipo do festival, o Can de Cans, e outros dos elementos identificativos do
festival, como os chimpíns.
Pablo: “O deseño xurdiu dunha idea conmemorativa por eses dez anos e proguramos
empregar os iconos identificativos que definen a esencia de Cans, para reivindicar ese
traballo feito”.
Venda de entradas
Esta edición poñeranse á venda 400 entradas, que se poderán reservar o vindeiro
xoves 9 de maio a partir das 9 da mañá na web do festival (www. festivaldecans.com)
en packs de entrada + camiseta con pegata de regalo, cun prezo de 18 €. Só se poden
reservar 2 packs por persoa. As entradas e as camisetas terán que recollerse o sábado
do festival (25 de maio) entre as 11:00 e as 14:00 horas no punto de información e
merchandising situado no torreiro de Cans.
As 400 entradas restantes poranse á venda o xoves 16 de maio (véspera do Día das
Letras) ás 19:00 horas no local parroquial de Cans. Non se admiten reservas e só se
poderán adquirir 2 entradas por persoa. Cada entrada ten un prezo de 10 €. Pódense
mercar soas, pero se mantense a oferta de internet: 18 € por entrada + camiseta, coa
pegata do Can de regalo.
FOTOS:
Descarga aquí fotos da presentación e da camiseta oficial:
http://www.flickr.com/photos/festivaldecans/sets/72157633401099056/

Merca aquí a túa cami e colabora co Festival de Cans

http://www.reizentolo.es/gl/festival-de-cans.html

 

rei zentolo en zoomtendencias

Espléndido reportaje sobre Pontevedra realizado por Zoom Tendencias en el que dedican una parte a nuestra tienda de Pontevedra.

Muchas gracias a Alberto, Nas e Isabella por prestarse a posar para nosotros.

http://www.rtve.es/alacarta/videos/zoom-tendencias/zoom-tendencias-pontevedra-otro-aire-27-04-13/1791610/?s1=programas&s2=cultura&s3=zoom-tendencias&s4=

 

LOGO PARA EL INSTITUTO GALEGO DO VIÑO

A partir de las "terrazas" donde nace la uva mencía desarrollamos la identidad corporativa del Instituto Galego do Viño, dirigida por el prestigioso sumiller gallego Xoán Cannas y que cuenta entre sus docentes con los más prestigosos estudiosos y conocedores enólogos tanto a nivel nacional como internacional.


Un placer que contasen con rei zentolo!!!!alt

Más ifo en http://www.institutogalegodovino.com/claustro/

 

Vinilos decorativos rei zentolo

Te presentamos un nuevo producto: vinilos decorativos!!! Realizados en vinilo de corte mate de la mejor calidad, incluye aplicador e instrucciones de montaje.

alt


Zentolea tu casa y personaliza tu espacio con nuestros diseños

alt

http://www.facebook.com/media/set/?set=a.551119561577375.1073741825.122284571127545&type=1

 

FESTIVAL DE CANS y REI ZENTOLO

En diez años pueden ocurrir muchas cosas, y entre ellas ésta es de las mejores que nos ha pasado: Rei Zentolo y el Festival de Cans unen esfuerzos en la X edición del festi con más agroglamour del mundo mundial.

http://www.festivaldecans.com/festival2/index.php

 

alt

 

DISEÑO PARA EL VII ANIVERSARIO DE LA SALA KARMA

Un año más Marcos nos encargó el diseño para los festejos del aniversario de la Sala Karma. Ya son VII años en los que han pasado por la sala pontevedresa cientos de los grupos más punteros del panorama musical estatal e internacional.

Nosotros, como siempre, encantados de colaborar.alt

 
Pág. 1 de 5